Entries by ruben

ERRADICADESCANTIA VOLVE O 26 DE XUÑO

O pasado 29 de maio as persoas voluntarias que participaron no proxecto Erradicadescantia eliminaron un total de 652,5 kg da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla.

Grazas a este labor voluntario, arredor duns 100 metros cadrados dun espazo protexido por Rede Natura 2000, atópase en disposición de rexenerarse de xeito natural con …

Porque en primavera . . . tamén hai cogomelos!

Na última saída do Cogomelar tivemos a sorte de contar con persoas amantes da micoloxía como José María Costa Lago quen, logo dun rigoroso estudo determinou que o fungo que ilustra esta publicación non é outro que Byssosphaeria schiedermayeriana, tratándose dunha primeira cita para a provincia de A Coruña e segunda, segundo a información que …

Participa connosco no Voluntariado Ambiental do Proxecto Erradicadescantia

Amabul retoma as súas accións ambientais cunha xornada de erradicación da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra. Trátase dunha especie invasora moi agresiva que se está a espallar de xeito descontrolado por todo o sotobosque ribeirego ullán, provocando un gran problema ambiental para …

AMABUL publica a súa oferta para a Escola Ambiental de Verán

Como cada verán, Amabul desenvolverá durante os meses de xullo e agosto de 2021 os seus campamentos ambientais para público infantil e xuvenil.

 

PARTICIPANTES

Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2009 e 2015)
Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2009)

 

QUENDAS

Campamento Ambiental Infantil Xullo (dende o 1 ao 31 de …

Amabul organiza Curso de Director/a de Campos de Traballo

Amabul desenvolverá durante este mes de xuño o curso de Director/a de Campos de Voluntariado, homologado pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, en modalidade mixta (presencial e online).

 

REQUERIMENTOS

Estar en posesión do título de director/a de actividades de tempo libre e ter experiencia como director/a do equipo de animación en, polo menos, un campamento …