O xénero Hebeloma en Galicia
A Semana Micolóxica Galega COGOMELAR 2026 inicia o seu ciclo de charlas cunha cita en Dodro dedicada ao coñecemento do xénero Hebeloma e á súa presenza en Galicia.
Da man de Luis Ballester, a sesión permitirá achegarse a este grupo e afondar no coñecemento da diversidade fúnxica galega, continuando unha das liñas fundamentais de COGOMELAR: descubrir o valor dos fungos dende unha perspectiva que vai máis alá do seu interese gastronómico.
📅 Venres, 16 de outubro
🕗 20:00 h
📍 Casa da Cultura de Dodro

