Cantharellales, moito máis que Cantharellus e Craterellus
A programación de COGOMELAR 2026 continúa no concello de Rois cunha charla que nos convida a mirar máis alá dos representantes máis coñecidos dos Cantharellales.
Rodrigo Márquez conducirá unha sesión dedicada á diversidade deste grupo, baixo o título «Cantharellales, moito máis que Cantharellus e Craterellus». Unha oportunidade para ampliar coñecementos e descubrir a riqueza que se agocha detrás de denominacións máis familiares no mundo da micoloxía.
? Martes, 20 de outubro
? 20:00 h
? Local social de San Miguel de Costa (Rois)

