Comeza o ERRADICADESCANTIA 2022

Amabul retoma as súas accións ambientais cunha xornada de erradicación da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra. Trátase dunha especie invasora moi agresiva que se está a espallar de xeito descontrolado por todo o sotobosque ribeirego ullán, provocando un gran problema ambiental para …

Última xornada ERRADICADESCANTIA en 2021

Dende Amabul propómosche a última xornada de voluntariado ambiental do Erradicadescantia para este 2021!!!

Queremos rematar o ano agradecendo ás máis de cen persoas voluntarias que participaron connosco neste labor de limpeza da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, liberando máis de 500 metros cadrados da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.

Este labor …

Nova xornada de voluntariado ambiental ERRADICADESCANTIA

Amabul, a través dos seus grupos de voluntariado, leva traballado neste 2021 en máis de 400 metros cadrados da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, eliminando preto de 3 toneladas da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.

Este labor voluntario é moi necesario, máis se cabe nun espazo protexido por Rede Natura 2000, …

ERRADICADESCANTIA volta o sábado 23 de outubro

No que vai de ano as máis de 80 persoas voluntarias que participaron no proxecto Erradicadescantia eliminaron un total de 2.437 kg da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.

Grazas a este labor voluntario, arredor de 363 metros cadrados dun espazo protexido por Rede Natura 2000, atópase agora en disposición de …

CAMPO DE VOLUNTARIADO ERRADICADESCANTIA

Presentamos o Campo de Voluntariado do Río Ulla “Erradicadescantia”, actividade gratuíta subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

PARTICIPANTES

Poderán participar aquelas mozas e mozos entre os 16 e os 35 anos que teñan interese en cuestións ambientais e culturais no medio rural.

O …

ERRADICADESCANTIA VOLVE O 26 DE XUÑO

O pasado 29 de maio as persoas voluntarias que participaron no proxecto Erradicadescantia eliminaron un total de 652,5 kg da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla.

Grazas a este labor voluntario, arredor duns 100 metros cadrados dun espazo protexido por Rede Natura 2000, atópase en disposición de rexenerarse de xeito natural …

Participa connosco no Voluntariado Ambiental do Proxecto Erradicadescantia

Amabul retoma as súas accións ambientais cunha xornada de erradicación da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra. Trátase dunha especie invasora moi agresiva que se está a espallar de xeito descontrolado por todo o sotobosque ribeirego ullán, provocando un gran problema ambiental para …

Amabul ven de adherirse á Estratexia Transnacional de loita contra a Cortaderia Selloana

Amabul ven de adherirse á Estratexia Transnacional de loita contra a Cortaderia Selloana, que se redacta no marco do Proxecto LIFE17 NAT/ES/000495, “Urgent measures for controlling the spread of Pampas grass (Cortaderia selloana) in Atlantic area” LIFE STOP Cortaderia.

Trátase dun proxecto dedicado íntegra e especificamente á xestión contra o plumeiro da Pampa nas costas …