Participa connosco no Voluntariado Ambiental do Proxecto Erradicadescantia

Amabul retoma as súas accións ambientais cunha xornada de erradicación da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra. Trátase dunha especie invasora moi agresiva que se está a espallar de xeito descontrolado por todo o sotobosque ribeirego ullán, provocando un gran problema ambiental para as especies autóctonas, impedindo o seu crecemento e desenvolvemento.

Especies como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) precisan da túa axuda!!!

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 29 de maio de 2021 ás 9:15h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

Por mor dos protocolos COVID recoméndase que o voluntariado veña provisto das súas propias luvas.

 

PROGRAMA DA XORNADA

9:15h  Recepción do Voluntariado

9:30h  Formación do Voluntariado

10:00h Labores de Erradicación I

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de Erradicación II

14:00h Fin da Xornada

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.

 

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO 24 DE MAIO cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

    Se es menor de idade:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.