Nova xornada de voluntariado ambiental ERRADICADESCANTIA

Amabul, a través dos seus grupos de voluntariado, leva traballado neste 2021 en máis de 400 metros cadrados da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, eliminando preto de 3 toneladas da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.

Este labor voluntario é moi necesario, máis se cabe nun espazo protexido por Rede Natura 2000, para facilitar que o bosque autóctono de ribeira poida rexenerarse de xeito natural con especies autóctonas como o carballo, o freixo ou o amieiro.

Mais esta debe ser unha tarefa concienciuda, meticulosa e sobor todo constante, por iso dende Amabul realizamos estas xornadas con certa periodicidade.

 

 

Neste ano queremos chegar a limpar 500 metros cadrados… queres axudar ao bosque de ribeira do Ulla a conseguir este obxectivo? Apúntate á seguinte acción do Erradicadescantia que será…

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 20 de novembro de 2021 ás 9:15h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

Por mor dos protocolos COVID recoméndase que o voluntariado veña provisto das súas propias luvas.

 

PROGRAMA DA XORNADA

9:15h  Recepción do Voluntariado

9:30h  Formación do Voluntariado

10:00h Labores de Erradicación I

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de Erradicación II

14:00h Fin da Xornada

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.

 

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO 15 DE NOVEMBRO cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

    Se es menor de idade:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.