ERRADICADESCANTIA VOLVE O 26 DE XUÑO
O pasado 29 de maio as persoas voluntarias que participaron no proxecto Erradicadescantia eliminaron un total de 652,5 kg da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla.
Grazas a este labor voluntario, arredor duns 100 metros cadrados dun espazo protexido por Rede Natura 2000, atópase en disposición de rexenerarse de xeito natural con especies autóctonas como o carballo, o freixo ou o amieiro.
Mais este debe ser un labor concienciudo, meticuloso e sobor todo constante, por iso dende Amabul realizamos estas xornadas cunha certa periodicidade.
Por iso animámoste a que participes na seguinte acción do Erradicadescantia que será…
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 26 de xuño de 2021 ás 9:15h
Área Recreativa de Agronovo (Vedra)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.
Por mor dos protocolos COVID recoméndase que o voluntariado veña provisto das súas propias luvas.
PROGRAMA DA XORNADA
9:15h Recepción do Voluntariado
9:30h Formación do Voluntariado
10:00h Labores de Erradicación I
12:00h Almorzo con Amabul
12:30h Labores de Erradicación II
14:00h Fin da Xornada
As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.
Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO 24 DE XUÑO cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org