ERRADICADESCANTIA volta o sábado 23 de outubro

No que vai de ano as máis de 80 persoas voluntarias que participaron no proxecto Erradicadescantia eliminaron un total de 2.437 kg da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.

Grazas a este labor voluntario, arredor de 363 metros cadrados dun espazo protexido por Rede Natura 2000, atópase agora en disposición de rexenerarse de xeito natural con especies autóctonas como o carballo, o freixo ou o amieiro.

Mais este debe ser un labor concienciudo, meticuloso e sobor todo constante, por iso dende Amabul realizamos estas xornadas con certa periodicidade.

 

Animámoste a que participes na seguinte acción do Erradicadescantia que será…

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 23 de outubro de 2021 ás 9:15h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

Por mor dos protocolos COVID recoméndase que o voluntariado veña provisto das súas propias luvas.

 

PROGRAMA DA XORNADA

9:15h  Recepción do Voluntariado

9:30h  Formación do Voluntariado

10:00h Labores de Erradicación I

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de Erradicación II

14:00h Fin da Xornada

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.

 

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO 20 DE OUTUBRO cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

    Se es menor de idade:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.