CURSO DE ILUSTRACIÓN MICOLÓXICA

AMABUL continúa a Semana Micolóxica Galega COGOMELAR cun novo Curso de Ilustración Micolóxica, impartido por Sarela Lorenzo, no que nos achegaremos ao mundo dos fungos a través do debuxo de natureza.

Ao longo da xornada aprenderemos e repasaremos algunhas das bases do debuxo, como as proporcións, a simplificación das formas e a observación e retención …

COGOMELAR 2026 | Semana Micolóxica Galega

 

COGOMELAR acolle este outubro a Semana Micolóxica Galega, unha celebración que amplía o alcance da programación micolóxica de AMABUL e reúne diferentes iniciativas de divulgación, formación e coñecemento do patrimonio fúnxico.

A programación de COGOMELAR 2026 desenvolverase entre o 16 e o 23 de outubro, cunha proposta que permitirá achegarse ao mundo dos fungos desde …

SAÍDA ENOMICOLÓXICA FINCA DA CORGA

Fungos, castiñeiros, viñedos e viños danse cita nunha xornada para descubrir o territorio dende unha perspectiva diferente.

AMABUL propón unha nova experiencia arredor da micoloxía, nesta ocasión nun escenario especialmente singular: a Finca da Corga, na Pobra de Trives.

A xornada comezará cunha saída micolóxica pola contorna, na que nos achegaremos á diversidade de fungos presentes …

SAÍDA MICOLÓXICA BOSQUE DE RIDIMOAS

AMABUL presenta nova Saída micolóxica nesta ocasión ao Bosque de Ridimoas. A actividade ten como finalidade comprender como responden os fungos aos incendios forestais e cal é o seu papel na recuperación ecolóxica do monte queimado. A saída céntrase en observar e interpretar fungos pirófitos, especies que aparecen ou se activan tralo lume, e …

CURSO DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA

AMABUL continúa a tempada de cogomelos cun novo Curso de Iniciación á Micoloxía, promovido polo GDR Terras de Compostela, no que acompañamos ás persoas participantes nun achegamento práctico e significativo á identificación de fungos. O curso está pensado para que cada persoa poida mellorar a súa capacidade de recoñecer especies, comprender os seus hábitats …

CURSO DE CULTIVO MICOLÓXICO

Comeza a tempada de cogomelos en AMABUL con este Curso de Cultivo Micolóxico, promovido polo GDR Terras de Compostela, co que procuramos que as persoas participantes realicen un achegamento significativoao cultivo de cogomelos, afondando nos seus conceptos básicos, nos principais procedementos e nas especies de maior interese.

Amais desenvolveremos unha parte práctica a través da …

CURSO DE CESTARÍA MICOLÓXICA

Presentamos Curso de Cestaría Micolóxica, promovido polo GDR Terras de Compostela e impartido por Luís do Río.

A cestaría é unha arte moi variada, e como tal, consta de diversas técnicas para a súa execución, como a de láminas de madeira, ou vergas, que foi moi popular entre os cesteiros profesionais.

Neste curso aprenderemos a facer unha …

O Foro Galego de Micófilas e Especialistas en Micoloxía, que se celebrará o sábado 3 de outubro de 2026, de 10:00 a 14:00 horas, na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela), constitúe unha oportunidade para compartir experiencias, intercambiar coñecementos e reflexionar conxuntamente sobor o presente e o futuro da micoloxía en Galicia, …

Protexido:

Este contido está protexido por contrasinal. Para velo, introduce o teu contrasinal a continuación.
Contrasinal:

Xornadas micolóxicas COGOMELAR 2025

Presentamos as Xornadas Micolóxicas Cogomelar deste ano, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+25, que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña. Como cada outono, AMABUL segue profundando no estudo e comprensión do mundo dos cogomelos, que nesta edición se desenvolverá o sábado 25 de outubro mediante a realización dos seguintes obradoiros:

1. OBRADOIRO …