CURSO DE CESTARÍA MICOLÓXICA

Presentamos Curso de Cestaría Micolóxica, promovido polo GDR Terras de Compostela e impartido por Luís do Río.

A cestaría é unha arte moi variada, e como tal, consta de diversas técnicas para a súa execución, como a de láminas de madeira, ou vergas, que foi moi popular entre os cesteiros profesionais.

Neste curso aprenderemos a facer unha cesta de vergas para ir aos cogomelos que cada participante levará ao rematala.

 

DATA

O curso desenvolverase o sábado 3 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

 

LOCALIZACIÓN

Aula Ambiental Amabul (Vedra)

 

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto cumprimentando o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento de 10 € en concepto de  “Reserva de praza”.

A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 20 de setembro de acordo aos seguintes datos:

Concepto: CURSO CESTARIA (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 10 EUROS

Unha vez realizado o pagamento, a inscrición na actividade está confirmada. No caso de cancelación non se devolverá a “cota de reserva de praza” alén do 20 de setembro.

 

PRAZAS ESGOTADAS PARA ESTA EDICIÓN