Porque en primavera . . . tamén hai cogomelos!

Na última saída do Cogomelar tivemos a sorte de contar con persoas amantes da micoloxía como José María Costa Lago quen, logo dun rigoroso estudo determinou que o fungo que ilustra esta publicación non é outro que Byssosphaeria schiedermayeriana, tratándose dunha primeira cita para a provincia de A Coruña e segunda, segundo a información que …

AMABUL presenta o Cogomelar de Primavera

AMABUL presenta o Cogomelar de Primavera, porque en primavera tamén hai cogomelos. A través da metodoloxía HCF (hábitats, cores e formas) procuramos que as e os participantes realicen un achegamento significativo á micoloxía específica desta época do ano.

Para elo, o día 8 de maio de 2021, en horario de mañá, realizaremos unha saída de …

Resumo do Cogomelar 2020

Por mor das novas restricións COVID, Amabul re inventou o Cogomelar e realizou as dúas últimas sesións deste outono de xeito virtual.

Na sesión matutina afondamos nas principais familias fúnxicas da nosa contorna grazas á colaboración dos e das marabillosos/as cogomeleiros/as desta edición, mentres que na sesión vespertina comezamos a aprender dos principais xéneros micolóxicos.

Como …