Novas tecnoloxías na micoloxía: uso responsable, límites e erros
As novas tecnoloxías están cada vez máis presentes na forma na que observamos, rexistramos e interpretamos a biodiversidade. A micoloxía non é allea a esta realidade. Aplicacións móbiles, plataformas dixitais e ferramentas baseadas en intelixencia artificial poden abrir novas posibilidades para achegarnos ao mundo dos fungos, pero tamén presentan limitacións que cómpre coñecer.
No marco da Semana Micolóxica Galega COGOMELAR, AMABUL organiza o obradoiro micófilo «Novas tecnoloxías na micoloxía: uso responsable, límites e erros», coa colaboración da Asociación Poupariña.
A actividade propón achegarnos a estas ferramentas dende unha perspectiva crítica, aprendendo a valorar a información que ofrecen, recoñecer os seus erros e comprender por que a tecnoloxía non debe substituír o coñecemento, a observación directa e os criterios necesarios para unha identificación responsable.
Unha oportunidade para unir micoloxía e tecnoloxía sen perder o rigor, fomentando unha relación máis consciente co patrimonio fúnxico e coas ferramentas dixitais que empregamos para coñecelo.
📅 Venres, 16 de outubro
🕗 18:30 h
📍 Casa Dopeso (As Pontes)

