Xornadas micolóxicas COGOMELAR 2025

Presentamos as Xornadas Micolóxicas Cogomelar deste ano, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+25, que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña. Como cada outono, AMABUL segue profundando no estudo e comprensión do mundo dos cogomelos, que nesta edición se desenvolverá o sábado 25 de outubro mediante a realización dos seguintes obradoiros:

1. OBRADOIRO “CORES, OLORES E SABORES NOS COGOMELOS” (de 10:00 a 14:00 horas): charla introdutoria sobor a organoléptica dos fungos máis comúns e saída de campo para recoñecemento e recolla dos mesmos.   

2. OBRADOIRO “OS FUNGOS E OS SENTIDOS” (de 16:30 a 18:00 horas): taller arredor do como empregar os cinco sentidos para recoñecer os cogomelos.

3. OBRADOIRO “ESCAPE ROOM MICOLÓXICO” (de 18:00 a 19:30 horas): xogo interactivo co que as persoas participantes afondarán sobre os principais atributos organolépticos dos cogomelos.

 

LOCALIZACIÓN

O punto de partida de cada un dos obradoiros será a Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)

 

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas (idade mínima 8 anos) poderán inscribirse de xeito gratuíto á opción que desexen cumprimentando axeitadamente o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento en concepto de “Reserva de praza e materiais” de:

  • 15 € no caso de inscrición á xornada de mañá.
  • 10 € no caso de inscrición á xornada de tarde.
  • 20 € no caso de inscrición ao día completo (e agasallo de navalla micolóxica). 

         A actividade é gratuíta para as persoas asociadas a AMABUL 

A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 15 de outubro de acordo aos seguintes datos:

Concepto: COGOMELAR (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: De acordo á opción seleccionada

Unha vez realizado o pagamento, a inscrición na actividade está confirmada. No caso de cancelación non se devolverá a “cota de reserva de praza” alén do 20 de outubro.

 

    FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

    Persoa asociada AMABUL

    Inscrición nas xornadas

    Grupo informativo

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.