CURSO DE ILUSTRACIÓN MICOLÓXICA

AMABUL continúa a Semana Micolóxica Galega COGOMELAR cun novo Curso de Ilustración Micolóxica, impartido por Sarela Lorenzo, no que nos achegaremos ao mundo dos fungos a través do debuxo de natureza.

Ao longo da xornada aprenderemos e repasaremos algunhas das bases do debuxo, como as proporcións, a simplificación das formas e a observación e retención visual, para aplicalas posteriormente nunha saída pola contorna. Durante esta saída practicaremos o debuxo a partir dos diferentes exemplares de cogomelos que atopemos, empregando a ilustración como unha ferramenta para observar e coñecer con maior detalle a diversidade fúnxica.

A actividade combinará así ilustración, observación e contacto directo coa natureza, ofrecendo unha aproximación práctica e diferente ao mundo da micoloxía.

Nota: durante a saída non se recollerán cogomelos destinados ao consumo.

 

DESTINATARIAS/OS

A actividade está dirixida a persoas interesadas na ilustración de natureza e na micoloxía, con ou sen experiencia previa no debuxo. Prazas limitadas!

 

DATAS

O curso desenvolverase o domingo 18 de outubro, en horario de 11:00 a 19:00 horas, cunha pausa para xantar tipo picnic (por conta das persoas participantes).

 

LOCALIZACIÓN

Aula Ambiental Amabul (Vedra)

 

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto cumprimentando o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento de 10 € en concepto de  “Reserva de praza”.

A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 13 de outubro de acordo aos seguintes datos:

Concepto: CURSO ILUSTRACIÓN (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACION MEDIAMBIENTAL AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 10 EUROS

Unha vez realizado o pagamento, a inscrición na actividade está confirmada. No caso de cancelación non se devolverá a “cota de reserva de praza” alén do 13 de outubro.

INCRICIÓNS PECHADAS