COGOMELAR 2026 | Semana Micolóxica Galega

 

COGOMELAR acolle este outubro a Semana Micolóxica Galega, unha celebración que amplía o alcance da programación micolóxica de AMABUL e reúne diferentes iniciativas de divulgación, formación e coñecemento do patrimonio fúnxico.

A programación de COGOMELAR 2026 desenvolverase entre o 16 e o 23 de outubro, cunha proposta que permitirá achegarse ao mundo dos fungos desde perspectivas científicas, ambientais e divulgativas.

Ao longo destes días celebraranse charlas micolóxicas, obradoiros, saídas ao medio natural e formación especializada, xunto co estudo «A micobiota Ulla», centrado na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

Os contidos abordarán cuestións como a relación entre os fungos e os ecosistemas, a diversidade e taxonomía fúnxica, a ilustración micolóxica, a gastronomía e a etnografía vinculadas aos fungos, así como o uso responsable das novas tecnoloxías aplicadas á micoloxía.

? Do 16 ao 23 de outubro de 2026
? Actividades en diferentes concellos de Galicia.

? Importante: as inscricións abriranse de xeito independente para cada actividade e publicaranse xunto co seu cartel específico.

Consulta no cartel o programa completo, as datas, as actividades, as persoas relatoras e os lugares de celebración.

 

COGOMELAR: coñecer os fungos para comprender e valorar a súa importancia nos ecosistemas.
COGOMELAR é un proxecto integrado no programa Aula Ambiental Ulla +26, financiado pola Deputación da Coruña.