SAÍDA MICOLÓXICA BOSQUE DE RIDIMOAS

AMABUL presenta nova Saída micolóxica nesta ocasión ao Bosque de Ridimoas. A actividade ten como finalidade comprender como responden os fungos aos incendios forestais e cal é o seu papel na recuperación ecolóxica do monte queimado. A saída céntrase en observar e interpretar fungos pirófitos, especies que aparecen ou se activan tralo lume, e que contribúen á restauración dos solos.

A saída, conducida por José Manuel Castro Marcote, está deseñada para que as persoas participantes poidan ver no terreo real como evolucionou o bosque de Ridimoas tralo brutal incendio do pasado verán e como os fungos actúan como axentes pioneiros na recuperación ecolóxica.

Trátase dunha actividade realizada en colaboración coa Asociación Ridimoas e coa Xuntanza de micólogos “Os Cogordos” de Ourense.

 

INFORMACIÓN PRÁCTICA

  • Punto de encontro: Igrexa de Santa María de Beade.
  • Horario: Sábado 10 de outubro de 10:00 a 14:00 h.
  • Nivel: apto para público xeral.
  • Recoméndase calzado cómodo, roupa axeitada e auga.

 

INSCRICIÓNS (PRAZAS LIMITADAS)

As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito totalmente gratuíto cumprimentando o seguinte formulario até o 2 de outubro.

 

PRAZAS ESGOTADAS PARA ESTA ACTIVIDADE