Entries by ruben

O BOSQUE DA COR, Escola da capacitación ambiental

Presentamos “O bosque da cor” da Aula Ambiental Ulla para o mércores 14 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos capacitar ás nosas nenas, nenos, mozas e mozos na conservación e protección da contorna do sistema fluvial Ulla-Deza.

 

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será a Casa das Artes …

LENDAS AROMÁTICAS, Escola da flora

Presentamos “Lendas aromáticas” da Aula Ambiental Ulla para o mércores 14 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos fomentar na poboación o coñecemento da flora do sistema fluvial Ulla-Deza.

 

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra) ás 10:00 horas; …

QUENDA DE AGOSTO DA ESCOLA AMBIENTAL AMABUL

Até o 15 de xullo está aberto o prazo para inscribirse na quenda de Agosto da Escola Ambiental Amabul.

 

PARTICIPANTES

Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2009 e 2015)
Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2009)

 

QUENDAS

Campamento Ambiental Infantil Agosto MES COMPLETO (dende o 1 ao 31 de agosto de …

Itinerario A PEGADA NA PAISAXE

O mércores 7 de xullo comezamos coa Aula de Verán da Aula Ambiental Ulla, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, propondo unha saída do Ciclo de Itinerarios pedagóxico-paisaxísticos “A pegada na paisaxe”, mediante a cal pretendemos pór en valor o importante acervo natural do sistema fluvial Ulla-Deza.

 

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será …

ERRADICADESCANTIA VOLVE O 26 DE XUÑO

O pasado 29 de maio as persoas voluntarias que participaron no proxecto Erradicadescantia eliminaron un total de 652,5 kg da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla.

Grazas a este labor voluntario, arredor duns 100 metros cadrados dun espazo protexido por Rede Natura 2000, atópase en disposición de rexenerarse de xeito natural …

Porque en primavera . . . tamén hai cogomelos!

Na última saída do Cogomelar tivemos a sorte de contar con persoas amantes da micoloxía como José María Costa Lago quen, logo dun rigoroso estudo determinou que o fungo que ilustra esta publicación non é outro que Byssosphaeria schiedermayeriana, tratándose dunha primeira cita para a provincia de A Coruña e segunda, segundo a información que …

Presentación do Voluntariado Xuvenil Amabul 2021

Nesta semana realizamos a presentación do grupo de Voluntariado Xuvenil Amabul 2021, conformado por mozas e mozos entre 16 e 30 anos que están participando connosco nos diferentes programas e proxectos da asociación: Aula Ambiental Ulla, Escola Ambiental Amabul…

Trátase dun proxecto de voluntariado financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería …

Participa connosco no Voluntariado Ambiental do Proxecto Erradicadescantia

Amabul retoma as súas accións ambientais cunha xornada de erradicación da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra. Trátase dunha especie invasora moi agresiva que se está a espallar de xeito descontrolado por todo o sotobosque ribeirego ullán, provocando un gran problema ambiental para …

AMABUL publica a súa oferta para a Escola Ambiental de Verán

Como cada verán, Amabul desenvolverá durante os meses de xullo e agosto de 2021 os seus campamentos ambientais para público infantil e xuvenil.

 

PARTICIPANTES

Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2009 e 2015)
Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2009)

 

QUENDAS

Campamento Ambiental Infantil Xullo (dende o 1 ao 31 de …

Presentación do Voluntariado Sénior Amabul 2021

Durante a pasada semana realizamos a presentación e avaliación inicial do grupo de Voluntariado Sénior Amabul 2021, conformado por persoas maiores de 55 anos que están participando connosco nos diferentes programas e proxectos da asociación: Aula Ambiental Ulla, Faladoiros…

Trátase dun proxecto de voluntariado financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería …