AMABUL publica a súa oferta para a Escola Ambiental de Verán

Como cada verán, Amabul desenvolverá durante os meses de xullo e agosto de 2021 os seus campamentos ambientais para público infantil e xuvenil.

 

PARTICIPANTES

  • Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2009 e 2015)
  • Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2009)

 

QUENDAS

  • Campamento Ambiental Infantil Xullo (dende o 1 ao 31 de xullo de 2021)
  • Campamento Ambiental Xuvenil Xullo (dende o 1 ao 31 de xullo de 2021)
  • Campamento Ambiental Infantil Agosto (dende o 1 ao 31 de agosto de 2021)
  • Campamento Ambiental Xuvenil Agosto (dende o 1 ao 31 de agosto de 2021)

 

DATAS E HORARIOS

Cada campamento desenvolverase nas datas sinaladas no apartado anterior, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais da contorna

 

PRAZAS 

Limitadas de acordo aos protocolos e restriccións COVID do momento

 

ACTIVIDADES

Como ven sendo habitual, Amabul practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:

  • Rutas de sendeirismo e en caiac.
  • Xogos educativos na natureza.
  • Actividades de descuberta patrimonial.
  • Excursións e saídas de campo a diferentes zonas naturais galegas.
  • Xincanas de observación e orientación.
  • Dinámicas de sensibilización ambiental.
  • Grandes xogos interxeracionais.
  • Actividades deportivas e de auga no medio natural.
  • E moitas máis…

 

A historia de AmabulAula ambiental

PREZOS por quenda

175€

140€ (persoas asociadas)

***Desconto do 30% a partir da/o segunda/o irmá/n

***Posibilidade de servizo de transporte no interior do concello de Vedra (25€ por participante e quenda)

 

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, antes do 15 de xuño (para as quendas de xullo) e antes do 15 de xullo (para as quendas de agosto), ao correo xuvenil@amabul.org.

Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguinte datos:

Concepto: DOAZÓN ESCOLA AMBIENTAL (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 140 EUROS (persoas asociadas) 175 EUROS (persoas non asociadas) 165 EUROS (persoas asociadas con servizo de transporte) 200 EUROS (persoas non asociadas con servizo de transporte)

 

INSCRICIÓNS

    Datos da/o Participante

    Datos Titor/a legal

    Persoa asociada AMABUL

    Opcións

    Campamento

    Quenda

    Precisa servizo de transporte?

    Xuntar DNI participante (se non participou en edicións anteriores) Formatos aceptados PDF e JPG

    Xuntar Tarxeta Sanitaria participante (se non participou en edicións anteriores) Formatos aceptados PDF e JPG

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.