Presentación do Voluntariado Sénior Amabul 2021

Durante a pasada semana realizamos a presentación e avaliación inicial do grupo de Voluntariado Sénior Amabul 2021, conformado por persoas maiores de 55 anos que están participando connosco nos diferentes programas e proxectos da asociación: Aula Ambiental Ulla, Faladoiros…

Trátase dun proxecto de voluntariado financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.