Entries by ruben

XORNADA ERRADICADESCANTIA 18 DE XUÑO 2023

Continuamos coas Xornadas de Voluntariado e Educación Ambiental “Erradicadescantia” cunha sesión de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla.

Na actividade da tarde faremos unha ruta interpretativa pola ribeira do Ulla, descubrindo a súa paisaxe e as principais especies, tanto animais como vexetais, que habitan esta Zona de Especial Conservación …

ESCOLA AMBIENTAL XUÑO 2023

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de xuño: Ás para voar.

Unha actividade coa que aprender sobre as asombrosas adaptacións de aves, plantas e outros seres vivos para aproveitar o vento ao seu favor para conquistar distancias, colonizar novos territorios e garantir a súa supervivencia. 

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de …

CAMPAMENTOS VERÁN 2023 da ESCOLA AMBIENTAL AMABUL

Un ano máis Amabul desenvolve durante os meses de xullo e agosto de 2023 os seus campamentos de verán da Escola Ambiental Amabul para público benxamín, infantil e xuvenil.

 

PARTICIPANTES

Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2017 e 2019)
Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2011 e 2016)
Campamento Ambiental Xuvenil …

XORNADA ERRADICADESCANTIA MAIO 2023

Coincidindo coa Semana sobre Especies Invasoras de Portugal e España #SEI2023 continuamos coas Xornadas de Voluntariado e Educación Ambiental “Erradicadescantia” cunha sesión de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla e cunha visita guiada á exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.

Na actividade da tarde exporanse os métodos e …

UNHA AMEAZA CHEGADA DUN ESPAZO EXTERIOR, Escola da sensibilización ambiental

Presentamos a Escola da sensibilización ambiental da Aula Ambiental Ulla+23, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.

Os Concellos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando o formulario ao pé, a realización gratuíta desta actividade para o coñecemento e sensibilización arredor da problemática da flora exótica invasora.

 

DESTINATARIOS

Concellos da provincia de …

ESCOLA AMBIENTAL MAIO 2023

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de maio: Ríos de vida.

Unha actividade coa que aprender da importancia da auga e os seus ecosistemas e como previr que determinados contaminantes entren na auga.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.

 

DESTINATARIOS

Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes.

 

DATA E HORARIO

Sábado 20 de …

NOVA XORNADA ERRADICADESCANTIA

Continuamos coas Xornadas de Voluntariado e Educación Ambiental “Erradicadescantia”, cunha sesión de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla e un obradoiro de control do visón americano (Neovison vison) en Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Domingo 16 de abril de 2023 ás 10:00h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade …

ESCOLA AMBIENTAL ABRIL 2023

Amabul continúa co proxecto da Escola Ambiental pero, como novidade, será de carácter mensual. Con isto pretendemos dar continuidade ás actividades das edicións de Verán e de Nadal.

Seguiremos unindo educación, natureza e entretemento a través de saídas pola contorna (actividades de bota), traballos de investigación e laboratorio (actividades de bata), obradoiros, xogos, descubertas… amais …

COMEZAMOS O ERRADICADESCANTIA 2023

Amabul retoma as súas accións ambientais cunha xornada de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra. Trátase dunha especie invasora moi agresiva que se está a espallar de xeito descontrolado por todo o sotobosque ribeirego ullán, provocando un gran problema ambiental para …

ESCOLA AMBIENTAL NADAL 2022

Un nadal máis Amabul presenta a súa Escola Ambiental para público benxamín, infantil e xuvenil.

 

PARTICIPANTES

Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2016 e 2018)
Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2009 e 2015)
Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2009)

 

DATAS E HORARIOS

Os campamentos desenvolveranse entre o 23 …