ESCOLA AMBIENTAL MAIO 2023
Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de maio: Ríos de vida.
Unha actividade coa que aprender da importancia da auga e os seus ecosistemas e como previr que determinados contaminantes entren na auga.
Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.
DESTINATARIOS
Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes.
DATA E HORARIO
Sábado 20 de maio en horario de 10:00 a 14:00 horas.
LUGAR DE REALIZACIÓN
Casa da Fábrica de Trobe (Vedra – A Coruña), a carón da Igrexa de San Andrés de Trobe
INSCRICIÓN
Gratuíta para persoas asociadas; 10 euros para non asociadas. As prazas son limitadas.
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e xuntar no mesmo o recibo de pagamento, en caso de non ser asociada de Amabul, antes do 17 de maio.
Datos para o ingreso do importe da matrícula:
Concepto: DOAZÓN ESCOLA AMBIENTAL (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)
Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: 10 EUROS (gratuíto para socias/os)