COMEZAMOS O ERRADICADESCANTIA 2023

Amabul retoma as súas accións ambientais cunha xornada de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra. Trátase dunha especie invasora moi agresiva que se está a espallar de xeito descontrolado por todo o sotobosque ribeirego ullán, provocando un gran problema ambiental para as especies autóctonas, impedindo o seu crecemento e desenvolvemento.

Especies como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) precisan da túa axuda!!!

Como novidade, nesta edición combinamos a acción coa educación ambiental, ofrecendo ás persoas voluntarias unha xornada de tarde a través da cal coñecer a ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza; para anotarse á mesma e ao xantar organizado por Amabul será necesario marcalo expresamente no formulario ao pé.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Domingo 26 de marzo de 2023 ás 10:00h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

* As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.

 

PROGRAMA DA XORNADA (MAÑÁ)                                                          PROGRAMA DA XORNADA (TARDE)

10:00h Recepción do Voluntariado                                                            14:30h Xantar con Amabul

10:15h Formación do Voluntariado                                                            16:00h Ruta “Descubrindo as ribeiras do Ulla”

10:30h Labores de Erradicación I                                                               17:30h Fin da ruta e despedida da xornada

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de Erradicación II

14:00h Fin da Xornada de Erradicación

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.

 

Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+23” financiado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Vedra.

 

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO VENRES 24 DE MARZO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

    Se es menor de idade:

    XANTAR e ACTIVIDADE

    Marca a/s casiña/s se vas quedarte a xantar e/ou á actividade da tarde

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.