XORNADA ERRADICADESCANTIA MAIO 2023

Coincidindo coa Semana sobre Especies Invasoras de Portugal e España #SEI2023 continuamos coas Xornadas de Voluntariado e Educación Ambiental “Erradicadescantia” cunha sesión de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla e cunha visita guiada á exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.
Na actividade da tarde exporanse os métodos e estratexias de invasión das principais especies de flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, así como o impacto ambiental que supoñen e cales son as estratexias de prevención, control e eliminación das mesmas.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Domingo 21 de maio de 2023 ás 10:00h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

* As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.

 

PROGRAMA DA XORNADA (MAÑÁ)                                                PROGRAMA DA XORNADA (TARDE)

10:00h Recepción do Voluntariado                                                  14:30h Xantar con Amabul

10:15h Formación do Voluntariado                                                  16:00h Expo “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”

10:30h Labores de Erradicación I                                                     17:30h Fin da actividade e despedida da xornada

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de Erradicación II

14:00h Fin da Xornada de Erradicación

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario, amais de disfrutar dunha sesión de educación ambiental sobor o control da EEI visón americano.

 

Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+23” financiado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Vedra.

 

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO VENRES 18 DE MAIO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

    Se es menor de idade:

    XANTAR e ACTIVIDADE

    Marca a/s casiña/s se vas quedarte a xantar e/ou á actividade da tarde

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.