NOVA XORNADA ERRADICADESCANTIA
Continuamos coas Xornadas de Voluntariado e Educación Ambiental “Erradicadescantia”, cunha sesión de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla e un obradoiro de control do visón americano (Neovison vison) en Galicia.
DATA E LOCALIZACIÓN
Domingo 16 de abril de 2023 ás 10:00h
Área Recreativa de Agronovo (Vedra)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.
* As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
PROGRAMA DA XORNADA (MAÑÁ) PROGRAMA DA XORNADA (TARDE)
10:00h Recepción do Voluntariado 14:30h Xantar con Amabul
10:15h Formación do Voluntariado 16:00h Obradoiro “Control do visón americano en Galicia”
10:30h Labores de Erradicación I 17:30h Fin da actividade e despedida da xornada
12:00h Almorzo con Amabul
12:30h Labores de Erradicación II
14:00h Fin da Xornada de Erradicación
As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario, amais de disfrutar dunha sesión de educación ambiental sobor o control da EEI visón americano.
Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+23” financiado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Vedra.
Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO VENRES 14 DE ABRIL; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org