Entries by admin

XORNADA ERRADICADESCANTIA 28 DE MAIO 2023

Continuamos coas Xornadas de Voluntariado e Educación Ambiental “Erradicadescantia” cunha sesión de erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla e cunha visita guiada á exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.

Na actividade da tarde exporanse os métodos e estratexias de invasión das principais especies de flora exótica invasora no …

AMABUL presenta o Cogomelar de Primavera

AMABUL presenta o Cogomelar de Primavera, porque en primavera tamén hai cogomelos. A través da metodoloxía HCF (hábitats, cores e formas) procuramos que as e os participantes realicen un achegamento significativo á micoloxía específica desta época do ano.

Para elo, o día 8 de maio de 2021, en horario de mañá, realizaremos unha saída de …

Comeza a programación da Aula Ambiental Ulla +21

Comeza a programación da Aula Ambiental Ulla +21, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Primavera.

A través da escola de sensibilización ambiental, desenvolvemos un conxunto de Obradoiros Ambientais en Centros Educativos da nosa contorna. Trátase dunha actividade para o alumnado de infantil, primaria e secundaria matriculado en centros educativos de Galicia, …

Abrimos o prazo para inscribirse no noso Voluntariado Xuvenil

Se tes entre 16 e 30 anos e tes gañas de dedicar un pouco do teu tempo a realizar un labor social e ambiental, Amabul é a túa opción.

Neste ano, as voluntarias e voluntarios participarán en actividades de lecer e tempo libre na Aula Ambiental Amabul, no coidado e conservación da contorna co proxecto …

Aberto o prazo de solicitude das prácticas formativas na nosa asociación

Está aberto o prazo para que, as persoas interesadas poidan desenvolver unha estancia de prácticas formativas na nosa asociación.

Na edición 2021, as e os estudantes participarán nos nosos programas e proxectos podendo desenvolver competencias relativas a:

Interpretación e educación ambiental.
Deseño de proxectos de educación e voluntariado ambiental.
Deseño e desenvolvemento de actividades de …

O presidente de AMABUL convidado no programa A Revista da TVG

Nesta mañá, o presidente de Amabul Rubén Villasenín visitou os estudios da TVG para presentar a Unidade didáctico ambientalista sobor “A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos”.

No seguinte enlace podes ver a entrevista completa que lle realizaron as compañeiras do programa A Revista.

 

 

Amabul ven de adherirse á Estratexia Transnacional de loita contra a Cortaderia Selloana

Amabul ven de adherirse á Estratexia Transnacional de loita contra a Cortaderia Selloana, que se redacta no marco do Proxecto LIFE17 NAT/ES/000495, “Urgent measures for controlling the spread of Pampas grass (Cortaderia selloana) in Atlantic area” LIFE STOP Cortaderia.

Trátase dun proxecto dedicado íntegra e especificamente á xestión contra o plumeiro da Pampa nas costas …

A Escola Ambiental Amabul participa no proxecto “Transmutar Camiños”

As nenas e nenos da Escola Ambiental Amabul veñen de participar no proxecto “Transmutar Camiños”, promovido por 7H Cooperativa Cultural, a través dun proceso creativo arredor das afeccións provocadas pola intervención humana á biodiversidade e á paisaxe natural do Ulla.

A través de diversas accións efémeras, a recollida de testemuñas e materiais do contexto, fotos …

Resumo do Cogomelar 2020

Por mor das novas restricións COVID, Amabul re inventou o Cogomelar e realizou as dúas últimas sesións deste outono de xeito virtual.

Na sesión matutina afondamos nas principais familias fúnxicas da nosa contorna grazas á colaboración dos e das marabillosos/as cogomeleiros/as desta edición, mentres que na sesión vespertina comezamos a aprender dos principais xéneros micolóxicos.

Como …

Interpretación Ambiental e do Patrimonio

Recen ven de rematar o último curso de formación desta edición, no que as e os trinta participantes chegados de toda Galicia puideron coñecer, co mestre Jorge Morales Miranda, os novos enfoques e actualizacións da Interpretación Ambiental e do Patrimonio como estratexia para a comunicación do acervo natural e cultural en contornas educativas non …