Escola Ambiental Amabul veñen de participar no proxecto “Transmutar Camiños”

A Escola Ambiental Amabul participa no proxecto “Transmutar Camiños”

As nenas e nenos da Escola Ambiental Amabul veñen de participar no proxecto “Transmutar Camiños”, promovido por 7H Cooperativa Cultural, a través dun proceso creativo arredor das afeccións provocadas pola intervención humana á biodiversidade e á paisaxe natural do Ulla.

A través de diversas accións efémeras, a recollida de testemuñas e materiais do contexto, fotos e a gravación de material audiovisual xurdiu “Unha plantación de eucaliptos non é un bosque, é un deserto”, unha mostra na que se convida a realizar un percorrido pola paisaxe natural vertebrada polo río, o seu simbolismo na identidade colectiva do municipio de Vedra e o seu estado de conservación.

Mediante a seguinte xanela virtual ti tamén podes vivir esta experiencia a través da peza de vídeo creación creada no marco das actividades.