Aula de primavera

Comeza a programación da Aula Ambiental Ulla +21

Comeza a programación da Aula Ambiental Ulla +21, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Primavera.

A través da escola de sensibilización ambiental, desenvolvemos un conxunto de Obradoiros Ambientais en Centros Educativos da nosa contorna. Trátase dunha actividade para o alumnado de infantil, primaria e secundaria matriculado en centros educativos de Galicia, coa que pretendemos achegar ás e aos estudantes á problemática da flora exótica invasora dun xeito significativo e ameno.

Os centros educativos que estean interesados en recibir, de xeito gratuíto, estes obradoiros nas súas aulas, deben solicitalo a través do correo capacitacion@amabul.org indicando datas e horarios de preferencia e número de participantes por nivel educativo. Cada centro poderá solicitar un máximo de cinco obradoiros.