Cogomelar 2020

Resumo do Cogomelar 2020

Por mor das novas restricións COVID, Amabul re inventou o Cogomelar e realizou as dúas últimas sesións deste outono de xeito virtual.

Na sesión matutina afondamos nas principais familias fúnxicas da nosa contorna grazas á colaboración dos e das marabillosos/as cogomeleiros/as desta edición, mentres que na sesión vespertina comezamos a aprender dos principais xéneros micolóxicos.

Como cada ano, e moi a pesar das limitacións impostas, o Cogomelar converteuse en referente en educación micolóxica, albergando participantes de máis de trinta concellos diferentes de Galicia.

Esta actividade non sería posible sen a colaboración do Concello de Vedra e a financiación da Deputación de A Coruña.