CURSO DE CESTARÍA MICOLÓXICA

Presentamos Curso de Cestaría Micolóxica, promovido polo GDR Terras de Compostela e impartido por Luís do Río.

A cestaría é unha arte moi variada, e como tal, consta de diversas técnicas para a súa execución, como a de láminas de madeira, ou vergas, que foi moi popular entre os cesteiros profesionais.

Neste curso aprenderemos a facer unha …

TALLERES MICÓFILOS 2026

Continuamos coa programación da Aula Ambiental Ulla+26, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Outono.

Os centros educativos que o desexen poderán solicitar os Talleres micófilos cumprimentando o formulario ao pé, que nesta edición se realizan nos propios centros educativos da provincia da Coruña.

 

DESCRICIÓN

A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e …

ESCOLA AMBIENTAL 24 XULLO 2026 (EA OBRA)

Continuamos a Escola Ambiental Amabul cunha actividade EA OBRA!

Trátase dunha xornada de acción ambiental implicando ao grupo na participación nun proxecto de restauración ambiental na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, que permitirá aos/ás participantes desenvolver ferramentas efectivas para a construción da sociedade e o coidado do medio ambiente. 

Esta actividade conta coa financiación da Consellería …

A AUGA VEXETAL, Escola da Flora

Presentamos nova actividade da Escola da Flora “A auga vexetal” da Aula Ambiental Ulla+26 para o xoves 30 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies da flora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, a través dun xogo cooperativo de observación e identificación.

 

HORARIO e …

ESCOLA AMBIENTAL 21 XULLO 2026 (EA LAB)

Presentamos nova actividade EA LAB na Escola Ambiental Amabul!

Trátase dun obradoiro orientado á recreación e comprensión do funcionamento dos ecosistemas acuáticos, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través da experimentación de vivencias persoais e grupais. 

Programa financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de …

ESCOLA AMBIENTAL 23 XULLO 2026 (EA LAB)

Presentamos nova actividade EA LAB na Escola Ambiental Amabul!

Trátase dun obradoiro en formato “cluedo ambiental” para aprender sobre as fontes de contaminación dos ecosistemas acuáticos, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través da experimentación de vivencias persoais e grupais. 

Programa financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia …

ESCOLA AMBIENTAL 22 XULLO 2026 (EA SCOUT)

Comezamos o mes de xullo na Escola Ambiental AMABUL con outra actividade EA SCOUT!

Trátase dunha saída de campo á contorna da praia de Morouzos para a interacción cos seus elementos sociais, culturais, etnográficos e naturais co gallo de dar contido e significado ás persoas participantes dentro do seu contexto sociocultural e socioambiental, explorando …

ESCOLA AMBIENTAL 22-23 XULLO 2026 (EA VIVE)

Continuamos na Escola Ambiental Amabul con outra actividade EA VIVE!

Trátase dunha convivencia ambiental a desenvolver en Ortigueira (A Coruña) coa que procuramos que as mozas e mozos participantes reflexionen sobre o seu rol na sociedade actual e sobre a necesidade de que participen activamente na súa construción e mellora.

Esta actividade conta coa financiación da …

ESCOLA AMBIENTAL 22 XULLO 2026 (EA REF)

Presentamos unha nova actividade EA REF na Escola Ambiental Amabul!

Trátase dunha visita a unha experiencia ambiental reveladora á Asociación “Patronato do Museo Etnográfico de A Capela” un espazo de referencia na conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico e natural galego; servindo de exemplo referencial que guíe aos participantes cara modelos de …

FAUNA EXÓTICA, Escola da Fauna

Presentamos nova Escola da Fauna da Aula Ambiental Ulla+26 coa actividade “Fauna exótica” o xoves 23 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies de animais exóticos invasores que poden ameazar a conservación ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza a través dun obradoiro gamificado. 

 

HORARIO e …