FAUNA EXÓTICA, Escola da Fauna

Presentamos nova Escola da Fauna da Aula Ambiental Ulla+26 coa actividade “Fauna exótica” o xoves 23 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies de animais exóticos invasores que poden ameazar a conservación ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza a través dun obradoiro gamificado. 

 

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas.

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da fauna.

 

As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 15 de XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

 

PRAZAS ESGOTADAS!