A AUGA VEXETAL, Escola da Flora

Presentamos nova actividade da Escola da Flora “A auga vexetal” da Aula Ambiental Ulla+26 para o xoves 30 de xullo, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies da flora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, a través dun xogo cooperativo de observación e identificación.

 

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 10:00 horas.

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar público xeral con interese na flora da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 26 DE XULLO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

 

PRAZAS ESGOTADAS!