TALLERES MICÓFILOS 2026

Continuamos coa programación da Aula Ambiental Ulla+26, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Outono.

Os centros educativos que o desexen poderán solicitar os Talleres micófilos cumprimentando o formulario ao pé, que nesta edición se realizan nos propios centros educativos da provincia da Coruña.

 

DESCRICIÓN

A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e estará composta de:

  • Instalación e visitas guiadas á exposición “Wood Wide Web, a rede que dá vida a o planeta” para o coñecemento e sensibilización sobor a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques.
  • Realización de até 3 obradoiros-visita guiada á exposición de 50’ de duración (unha clase) adaptados aos diferentes niveis educativos, para o coñecemento e sensibilización sobor a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques.
  • Entrega da unidade didáctica-ambiental “Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico” a cada grupo participante.

 

CONDICIÓNS

  • A inscrición por si mesma non garante a reserva da actividade mentres non sexa confirmada mediante correo electrónico a data e número de talleres concedidos por parte de AMABUL.
  • As solicitudes serán aceptadas de acordo á data de inscrición.
  • Os talleres solicitados realizaranse na mesma data.

 

    FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

    Datos da entidade solicitante

    Datos da persoa de contacto

    Número de talleres solicitados (marque unha única opción)

    Data de realización dos talleres (marque unha única opción)


    POLÍTICA DE PRIVACIDADE

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Xestión administrativa dos datos das persoas asociadas; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.