UN NADAL SEN DESPERDICIO NA ESCOLA AMBIENTAL AMABUL

En Amabul queremos ter un Nadal sen desperdicio! por iso presentamos os campamentos de nadal da nosa Escola Ambiental Amabul. Apura a reservar a túa praza que logo se esgotan!

 

PARTICIPANTES

Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2017 e 2019)
Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2011 e 2016)
Campamento Ambiental …

A televisión galega pon ao Cogomelar “No Foco”

O 28 de outubro tivo lugar o Cogomelar, as Xornadas Micolóxicas que organiza Amabul grazas á financiación da Deputación da Coruña e ao apoio do Concello de Vedra.

Podedes ver a reportaxe que realizaron as compañeiras da televisión galega para o programa “No Foco” premendo eiquí.

 

ESCOLA AMBIENTAL NOVEMBRO 2023

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de novembro: A viaxe da auga

Unha actividade coa que aprender sobre a importancia da conservación da agua, a contaminación e a conexión dos ecosistemas acuáticos.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.

 

DESTINATARIOS

Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes.

 

DATA E HORARIO

Sábado 18 de novembro …

A televisión galega acompañounos no Cogomelar 2023

O sábado 28 de outubro celebramos as Xornadas Micolóxicas Cogomelar, financiadas pola Deputación da Coruña e co apoio do Concello de Vedra. A iniciación na micoloxía, o estudo dos Boletales e a gastronomía e etnografía micolóxica vertebraron esta edición na que participaron unhas 80 persoas.

Podedes ver a reportaxe que realizaron as compañeiras da televisión …

ESCOLA AMBIENTAL OUTUBRO 2023

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de outubro: Cidades na escuridade

Unha actividade coa que aprender sobre os animais subterráneos e as súas sorprendentes adaptacións; como as miñocas melloran a saúde do solo ou como se organizan as complexas colonias de formigas.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.

 

DESTINATARIOS

Nenos/as …

Xornadas micolóxicas COGOMELAR 2023

Presentamos as Xornadas Micolóxicas Cogomelar deste ano, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+23, que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña. Como cada outono, Amabul segue profundando no estudo e comprensión do mundo dos cogomelos, que nesta edición se desenvolverá o sábado 28 de outubro mediante a realización dos seguintes obradoiros:

1. OBRADOIRO …

TALLERES MICÓFILOS 2023

Continuamos coa programación da Aula Ambiental Ulla+23, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Outono.

Os centros educativos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando o formulario ao pé, os Talleres micófilos que nesta edición se realizarán nos propios centros educativos.

 

DESCRICIÓN

A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e estará composta de:

Instalación …

ESCOLA AMBIENTAL SETEMBRO 2023

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de setembro: Camiñantes das areas

Unha actividade coa que aprender sobre os insectos galegos que viven nas rochas e na area, os cales contribúen ao equilibro natural da nosa contorna.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.

 

DESTINATARIOS

Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes.

 

DATA E …

RASTROS E PEGADAS, Escola da Fauna

Presentamos “Rastros e pegadas” da Aula Ambiental Ulla+23 para o martes 29 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies de mamíferos presentes na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 …

OLLOS QUE NON VEN, Ciclo de itinerarios pedagóxico-paisaxísticos

Presentamos “Ollos que non ven” da Aula Ambiental Ulla+23 para o venres 25 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento a algunhas estratexias de supervivencia que presentan os seres vivos da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

HORARIO e LOCALIZACIÓN

O punto de quedada será a Casa das Artes …