RASTROS E PEGADAS, Escola da Fauna
Presentamos “Rastros e pegadas” da Aula Ambiental Ulla+23 para o martes 29 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento ás principais especies de mamíferos presentes na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos á contorna do río Pereiro.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese no coñecemento e respecto da fauna.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 25 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org