ESCOLA AMBIENTAL OUTUBRO 2023

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de outubro: Cidades na escuridade

Unha actividade coa que aprender sobre os animais subterráneos e as súas sorprendentes adaptacións; como as miñocas melloran a saúde do solo ou como se organizan as complexas colonias de formigas.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de A Coruña.

 

DESTINATARIOS

Nenos/as maiores de 3 anos e adolescentes.

 

DATA E HORARIO

Sábado 14 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 horas.

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa da Fábrica de Trobe (Vedra – A Coruña), a carón da Igrexa de San Andrés de Trobe

 

INSCRICIÓN

Gratuíta para persoas asociadas; 10 euros para non asociadas. As prazas son limitadas.

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e xuntar no mesmo o recibo de pagamento, en caso de non ser asociada de Amabul, antes do 12 de outubro.

 

Datos para o ingreso do importe da matrícula:

Concepto: DOAZÓN ESCOLA AMBIENTAL (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 10 EUROS (gratuíto para socias/os)

 

    Datos da/o Participante

    Datos Titor/a legal

    Persoa asociada AMABUL

    Xuntar Folla de autorizacións (se non a xuntou noutras actividades da Escola Ambiental en 2023) Formato PDF ou JPG

    Xuntar Recibo de pagamento (só persoas non asociadas) Formato PDF ou JPG

    Xuntar DNI participante (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Xuntar Tarxeta Sanitaria participante (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.