Xornadas micolóxicas COGOMELAR 2023

Presentamos as Xornadas Micolóxicas Cogomelar deste ano, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+23, que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña. Como cada outono, Amabul segue profundando no estudo e comprensión do mundo dos cogomelos, que nesta edición se desenvolverá o sábado 28 de outubro mediante a realización dos seguintes obradoiros:

1. OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA (de 10:00 a 14:00 horas): charla de iniciación á micoloxía e saída de campo para coñecemento e recolla de cogomelos.   

2. OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE BOLETALES (de 16:00 a 17:30 horas): charla introdutoria e taller de identificación dos principais cogomelos da orde Boletales.

3. OBRADOIRO DE GASTRONOMÍA E ETNOGRAFÍA MICOLÓXICA (de 17:30 a 20:00 horas): showcooking micolóxico e degustación de tres platos elaborados con produtos tradicionais e cogomelos.

 

LOCALIZACIÓN

O punto de partida de cada un dos obradoiros será a Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)

 

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto á opción que desexen cumprimentando axeitadamente o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento en concepto de “Reserva de praza e materiais” de:

  • 10 € no caso de inscrición á xornada de mañá. 
  • 15 € no caso de inscrición á xornada de tarde.
  • 20 € no caso de inscrición ao día completo (e agasallo de navalla micolóxica). 

         As persoas asociadas a Amabul terán un 50% de desconto

A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 14 de outubro de acordo aos seguintes datos:

Concepto: COGOMELAR (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: De acordo á opción seleccionada e desconto (no caso de persoas asociadas)

 

  PRAZAS ESGOTADAS PARA ESTA EDICIÓN