OLLOS QUE NON VEN, Ciclo de itinerarios pedagóxico-paisaxísticos
Presentamos “Ollos que non ven” da Aula Ambiental Ulla+23 para o venres 25 de agosto, actividade gratuíta financiada pola Deputación da Coruña, mediante a cal pretendemos realizar un achegamento a algunhas estratexias de supervivencia que presentan os seres vivos da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
HORARIO e LOCALIZACIÓN
O punto de quedada será a Casa das Artes de San Fins ás 09:30 horas, dende onde nos desprazaremos á Área Recreativa de Agronovo.
REQUIRIMENTOS
Poderá participar público xeral con interese na descuberta da paisaxe ullá.
As persoas interesadas deben cubrir o seguinte formulario ANTES DO 23 DE AGOSTO e agardar a confirmación da praza; para calquera dúbida tamén podedes enviarnos un correo a capacitacion@amabul.org

