Entomolar

E

ntomolar é un proxecto que responde a unha necesidade do ámbito educativo e ambiental, pola falla de propostas similares no eido do mundo dos artrópodos. A iniciativa nace coa ollada posta nun longo percorrido temporal, nun formato que propón unha parte formativa teórica, con cursos específicos de entomoloxía e outra parte que quere dar a coñecer os insectos do mundo ao público xeral cunha colección entomolóxica de exhibición de milleiros de exemplares de Galicia e do resto do globo, para que tanto as máis cativas e cotivos como as persoas adultas aprendan a ver a súa beleza, diversidade e valor.

Entre os obxectivos principais está educar ao público acerca do grupo máis numeroso e por outra banda descoñecido de seres vivo. Asemade, a través das distintas propostas, o fin último é pór o foco de atención nas ameazas que sofren e a perda silenciosa e xeneralizada en todo o planeta destas marabillosas criaturas.

Estamos seguros que este proxecto de Amabul xorde para quedarse e que a xente que participe terá unha experiencia distinta, enriquecedora e sorprendente.

Entomolar

As últimas novas de Entomolar

Xornadas entomolóxicas ENTOMOLAR 2024

Presentamos as Xornadas Entomolóxicas Entomolar, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+24, que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña. Trátase dun novo proxecto co que Amabul pretende profundar no estudo e comprensión …