Xornadas entomolóxicas ENTOMOLAR 2025

Logo do éxito acadado o ano pasado volven as Xornadas Entomolóxicas Entomolar, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+25, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Trátase dun proxecto co que AMABUL pretende seguir profundando no estudo e comprensión do mundo dos insectos e na súa importancia ecosistémica e que nesta segunda edición se desenvolverá o sábado 7 de xuño mediante a realización dos seguintes obradoiros:

1. OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ENTOMOLOXÍA (de 10:00 a 11:30 horas): charla de iniciación ao mundo dos insectos e taller sobor entomoloxía.

2. OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE INSECTOS (de 12:00 a 14:00 horas): taller de recoñecemento das principais ordes entomolóxicas.

3. OBRADOIRO DE CURIOSIDADES DOS INSECTOS (de 16:00 a 20:00 horas): saída de campo e taller para o coñecemento das singularidades e peculiaridades dos principais insectos da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

LOCALIZACIÓN

O punto de partida de cada un dos obradoiros será a Aula Ambiental Amabul (Vedra)

 

PERSOAS DESTINATARIAS

Público xeral maior de 8 anos con interese na entomoloxía (as persoas menores de idade deberán ir acompañadas dunha persoa adulta responsable).

 

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto á opción que desexen cumprimentando o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo; unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento de 10 € en concepto de “Reserva de praza e materiais” (actividade gratuíta para as persoas asociadas a AMABUL).

A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 31 de maio de acordo ás seguintes indicacións:

Concepto: ENTOMOLAR (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 10 € (gratis para as persoas asociadas)

 

INSCRICIÓNS PECHADAS