Xornadas entomolóxicas ENTOMOLAR 2026
Un ano máis por este tempo volven as Xornadas Entomolóxicas Entomolar, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+26, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Trátase dun proxecto co que AMABUL pretende seguir profundando no estudo e comprensión do mundo dos artrópodos, non só dos insectos nesta ocasión, e na súa importancia ecosistémica e que nesta terceira edición se desenvolverá o sábado 27 de xuño mediante a realización dos seguintes obradoiros:
1. OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ENTOMOLOXÍA (de 10:00 a 11:30 horas): charla de iniciación ao mundo dos artrópodos e taller sobor entomoloxía.
2. OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE ARTRÓPODOS (de 12:00 a 14:00 horas): taller de recoñecemento das principais clases de artrópodos.
3. OBRADOIRO DE CURIOSIDADES E IMPORTANCIA BIOLÓXICA DOS ARTRÓPODOS (de 16:00 a 20:00 horas): saída de campo e taller para o coñecemento das singularidades, estrambóticas formas de vida e importancia para os seres humanos dos principais artrópodos da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
LOCALIZACIÓN
O punto de partida de cada un dos obradoiros será a Aula Ambiental Amabul (Vedra)
PERSOAS DESTINATARIAS
Público xeral maior de 8 anos con interese na entomoloxía (as persoas menores de idade deberán ir acompañadas dunha persoa adulta responsable).
INSCRICIÓNS
As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto á opción que desexen cumprimentando o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo; unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento de 10 € en concepto de “Reserva de praza e materiais” (actividade gratuíta para as persoas asociadas a AMABUL).
A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 21 de xuño de acordo ás seguintes indicacións:
Concepto: ENTOMOLAR (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)
Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: 10 € (gratis para as persoas asociadas)

