Entries by ruben

ERRADICADESCANTIA FORM 28 MARZO 2026

Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.

Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-form de sensibilización e formación en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes poderán coñecer as especies vexetais propias do ecosistema, identificar aquelas consideradas invasoras e comprender o seu impacto sobre a biodiversidade na ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza.

Esta actividade conta …

ESCOLA AMBIENTAL 28 FEBREIRO 2026 (EA SCOUT)

Continuamos a Escola Ambiental Amabul cunha actividade EA SCOUT!

Trátase dunha saída de campo á ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para coñecer os bioindicadores do Ulla e as lendas e cancións relacionadas con eles, co gallo de dar contido e significado ás persoas participantes dentro do seu contexto sociocultural e socioambiental, explorando o seu rol …

Protexido:

Este contido está protexido por contrasinal. Para velo, introduce o teu contrasinal a continuación.
Contrasinal:

Acción formativa do proxecto ROCHA (febreiro)

Presentamos acción formativa do proxecto ROCHA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).

Con esta acción de formación e capacitación arredor extracción mineira na contorna ullá, procuramos explorar as potencialidades das actividades de visualización de zonas especialmente vulnerables dende o punto de vista ambiental no medio rural, a través do seguinte

 

OBXECTIVO

_ coñecer …

Acción formativa do proxecto PAU (febreiro)

Presentamos acción formativa do proxecto PAU do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).

Con esta acción de formación e capacitación arredor do oficio tradicional de cesteira/o, procuramos explorar as potencialidades do oficio no medio rural, a través do seguinte

 

OBXECTIVO

_ realizar un coñecemento profundo do oficio de cesteira/o

 

CONTIDOS
_ materiais, técnicas e ferramentas
_ historia, …

ESCOLA AMBIENTAL 21 FEBREIRO 2026 (EA SCOUT)

Continuamos a Escola Ambiental Amabul cunha actividade EA SCOUT!

Trátase dunha saída de campo á ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para a observación da súa fauna e flora característica co gallo de dar contido e significado ás persoas participantes dentro do seu contexto sociocultural e socioambiental, explorando o seu rol individual e colectivo na sociedade …

Acción formativa do proxecto PAU (xaneiro)

Presentamos acción formativa do proxecto PAU do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).

Con esta acción de formación e capacitación arredor do oficio tradicional de cesteira/o, procuramos explorar as potencialidades do oficio no medio rural, a través do seguinte

 

OBXECTIVO

_descubrir a situación actual do oficio de cesteira/o

 

CONTIDOS
_ importancia actual da cestería
_ principais usos …

Acción formativa do proxecto ROCHA (xaneiro)

Presentamos acción formativa do proxecto ROCHA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).

Con esta acción de formación e capacitación arredor extracción mineira na contorna ullá, procuramos explorar as potencialidades das actividades de visualización de zonas especialmente vulnerables dende o punto de vista ambiental no medio rural, a través do seguinte

 

OBXECTIVO

_recoñecer zonas …

ESCOLA AMBIENTAL 31 XANEIRO 2026 (EA LAB)

Presentamos nova actividade EA LAB da Escola Ambiental Amabul!

Trátase dun obradoiro práctico arredor da importancia arquitectónica e cultural dos muíños fluviais, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través da experimentación de vivencias persoais e grupais. 

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. 

 

DATA E …

ESCOLA AMBIENTAL 24 XANEIRO 2026 (EA LAB)

Comezamos o ano 2026 na Escola Ambiental Amabul cunha actividade EA LAB!

Trátase dun obradoiro arredor dos dereitos do río Ulla e das obrigas individuais e colectivas na súa conservación, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través da experimentación de vivencias persoais e grupais. 

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, …