ERRADICADESCANTIA FORM 28 MARZO 2026

Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.

Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-form de sensibilización e formación en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes poderán coñecer as especies vexetais propias do ecosistema, identificar aquelas consideradas invasoras e comprender o seu impacto sobre a biodiversidade na ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza.

Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

SÁBADO 28 de marzo de 2026 ás 15:30.

Área Recreativa de Agronovo (Vedra).

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.

 

Se estás interesada/o en participar, cubre o seguinte formulario ATÉ O MÉRCORES 25 DE MARZO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

INSCRICIÓNS PECHADAS

Actividade financiada pola