TALLERES MICÓFILOS 2024

Continuamos coa programación da Aula Ambiental Ulla+24, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Outono.

Os centros educativos que o desexen poderán solicitar os Talleres micófilos cumprimentando o formulario ao pé, que nesta edición se realizan nos propios centros educativos da provincia da Coruña.

 

DESCRICIÓN

A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e estará composta de:

  • Instalación e visitas guiadas á exposición “Wood Wide Web, a rede que dá vida a o planeta” para o coñecemento e sensibilización sobor a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques.
  • Realización de até 3 obradoiros-visita guiada á exposición de 50’ de duración (unha clase) adaptados aos diferentes niveis educativos, para o coñecemento e sensibilización sobor a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques.
  • Entrega da unidade didáctica-ambiental “Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico” a cada grupo participante.

 

CONDICIÓNS

  • As solicitudes serán aceptadas de acordo á data de inscrición.
  • A inscrición por si mesma non garante a reserva da actividade mentres non sexa confirmada mediante correo electrónico a data e número de talleres concedidos por parte de Amabul.
  • Os talleres solicitados realizaranse na mesma data.

 

    FORMULARIO DE INSCRICIÓN

    PRAZAS ESGOTADAS

    Datos da entidade solicitante

    Datos da persoa de contacto

    POLÍTICA DE PRIVACIDADE

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Xestión administrativa dos datos das persoas asociadas; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.