Programa de Capacitación Ambiental
través do programa de capacitación ambiental AMABUL, pomos un marcha un aglomerado de proxectos e actividades cos que procuramos que as persoas e colectivos receptores adquiran coñecementos, habilidades e actitudes congruentes cunha ética ecolóxica que os capacite para actuar individual e colectivamente na solución de problemas ambientais e para mellorar de xeito sustentable as súas relacións coa contorna.
Dende Amabul entendemos esta adquisición de competencias ambientais ligada á acción ambiental xa que mediante este programa promovemos unha educación para a acción, partindo sempre da aprendizaxe significativa, colaborativa, transversal e transformadora.
Dentro deste programa enclávanse proxectos de estrutura fixa como a Escola Ambiental Amabul, aAula Ambiental Ulla ou o Cogomelar e outros de estrutura variable como os Cursos Ambientais Amabul

Proxectos

Escola Ambiental
Actividade estacional onde as nenas e nenos e as mozas e mozos de entre os 6 e os 18 anos se converten en auténticos Escautulláns.
Máis info
Aula Ambiental Ulla
Actividades de descuberta da contorna, itinerarios paisaxísticos, obradoiros ambientais, formación e acción ambiental… para todos os públicos.
Máis info
Cogomelar
Novo xeito de descubrir o mundo dos cogomelos, dende unha perspectiva de conservación e respecto pola contorna e polos nosos bosques.
Máis info
Formación Ambiental
Cursos formativos, charlas ambientais, mesas de experiencias e de voluntariado… para todos os públicos.
Máis infoAs últimas novas do Programa de Capacitación Ambiental
ESCOLA AMBIENTAL 25 OUTUBRO 2026 (EA LAB)
Presentamos nova actividade EA LAB na Escola Ambiental Amabul!
Trátase dun obradoiro de ciencia cidadá para analizar a calidade do aire e impulsar cambios sostibles, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través …
ESCOLA AMBIENTAL 25 OUTUBRO 2026 (EA LAB)
Presentamos nova actividade EA LAB na Escola Ambiental Amabul!
Trátase dun obradoiro de investigación ambiental para descubrir e analizar a contaminación invisible presente no aire, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través …
COGOMELAR 2026 | Charlas Micolóxicas
Un outono máis, COGOMELAR convídanos a descubrir a extraordinaria diversidade do mundo dos fungos. No marco da Semana Micolóxica Galega presentamos un ciclo de seis Charlas Micolóxicas que percorrerá diferentes concellos galegos para achegar …




