XUNTANZA XUVENIL, O misterio de Sabucedo

O grupo Xuvenil volve xuntarse despois do verán. Desta volta, descubriremos O misterio de Sabucedo

Se naceches no ano 2013 ou antes, formas parte da nosa Sección Xuvenil e podes participar en xornadas de convivencia coma esta: cheas de enigmas, diversión, desafíos e traballo en equipo.

Seremos capaces de resolver o misterio?

 

DATA E HORARIO

Entrada: Xoves 2 xaneiro ás 11:00h 

Saída: Venres 3 de xaneiro ás 18:00h 

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Albergue de Sabucedo (A Estrada)

O desprazamento ao lugar corre por conta das/os participantes.

 

CUSTE DA ACTIVIDADE

20 euros por participante

 

DESTINATARIOS

Mozos e mozas nados/as no ano 2013 e/ou antes.

 

INSCRICIÓN

Exclusiva para persoas asociadas de Amabul (podes asociarte premendo aquí).

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario antes do 23 de decembro.

 

    Datos da/o Participante

    Datos Titor/a legal

    Xuntar Folla de autorizacións (se non a xuntou noutras actividades da Escola Ambiental en 2023/24) Formato PDF ou JPG

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.