WORLD CLEANUP DAY, MOBILÍZATE POLO RÍO MERÍN!

Un ano máis chega o World Cleanup Day ao río Merín! Xornada mundial de limpeza do planeta, na que AMABUL participa en colaboración co Centro Comercial As Cancelas.

CANDO? Venres 18 de setembro de 17 a 19 horas

ONDE? Campo da festa de San Mamede de Ribadulla (Vedra)

QUE? Xornada de limpeza de residuos no río Merín e acto polo World Cleanup Day

COMO? As persoas participantes recibirán todo o necesario, só precisan traer botas de auga ou escarpíns para meterse na auga e vir con gañas de limpar o planeta!

INSCRÍBETE! Cubrindo o formulario ANTES DO XOVES 17 DE SETEMBRO

MÁIS INFO podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

 

INSCRICIÓNS PECHADAS