Talleres micófilos en centros educativos

Continuamos coa programación da Aula Ambiental Ulla +22, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Outono.

Os centros educativos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando o formulario ao pé, os Talleres micófilos que nesta edición se realizarán nos propios centros educativos.

 

DESCRICIÓN

A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e estará composta de:

  • Realización dun máximo de 3 talleres didácticos de 50’ de duración (unha clase) adaptados aos diferentes niveis educativos, para o coñecemento e sensibilización sobor a importancia ecolóxica e ecosistémica dos fungos nos nosos bosques.

 

CONDICIÓNS

  • As solicitudes serán aceptadas de acordo á data de inscrición.
  • A inscrición por si mesma non garante a reserva da actividade mentres non sexa confirmada mediante correo electrónico a data e número de talleres concedidos por parte de Amabul.
  • O/s taller/es deberán realizarse na mesma data.

 

INSCRICIÓNS

“PRAZAS E LISTAXE DE RESERVA ESGOTADAS PARA ESTA EDICIÓN”