ERRADICADESCANTIA SENS-INFO 6 MAIO 2025

Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.

Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-info de formación e sensibibilización en materia de voluntariado ambiental, nas que as persoas participantes realizarán un achegamento á problemática das especies exóticas invasoras e a posibles estratexias de recuperación ambiental empregando o modelo e experiencia dos últimos anos do programa Erradicadescantia.

Esta actividade conta coa colaboración de Bota e Bata, a asociación de estudantes da facultade de bioloxía da Universiade de Santiago de Compostela: e a financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Martes 6 de maio de 2025 ás 16:00 horas.

Facultade de Bioloxía – Universidade de Santiago de Compostela (A Coruña)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.

 

Actividade financiada pola