ERRADICADESCANTIA SENS-INFO 5 MAIO 2026
Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.
Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-info de formación e sensibibilización en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes realizarán un achegamento á problemática das especies exóticas invasoras e a posibles estratexias de recuperación ambiental empregando o modelo e experiencia dos últimos anos do programa Erradicadescantia.
Esta actividade participa o alumnado da Academia Iria Flavia de Santiago de Compostela, con gran proxección internacional e involucrada de maneira activa en actividades de voluntariado ambiental que se desenvolven na contorna.
Esta actividade forma parde do Programa Erradicadescantia que conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
DATA E LOCALIZACIÓN
Martes 5 de maio de 2026 ás 13:30 horas.
Aula Ambiental AMABUL – Vedra (A Coruña)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.
Actividade financiada pola


