ERRADICADESCANTIA SENS-INFO 17 DECEMBRO 2025

Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.

Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-info de formación e sensibibilización en materia de voluntariado ambiental, nas que as persoas participantes realizarán un achegamento á problemática das especies exóticas invasoras e a posibles estratexias de recuperación ambiental empregando o modelo e experiencia dos últimos anos do programa Erradicadescantia.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Nigrán, involucrado de maneira activa en actividades de voluntariado ambiental que se desenvolven na contorna do Muíño do Porto do Molle.

 

Esta actividade forma parde do Programa Erradicadescantia que conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Mércores 17 de decembro 2025 ás 11:00 horas.

Muíño de Porto do Molle – Nigrán (Pontevedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.

 

Actividade financiada pola